El Correo | |
---|---|
Fundación | 13 de abril de 1938 |
Empresa editora | El Correo S. A. |
Propietario | Vocento |
Director | José Miguel Santamaría |
Tendencia | Conservadorismo, Nacionalismo español, Catolicismo, Dereita |
Lingua | Castelán e éuscaro |
Localidade | Bilbao |
Ámbito | rexional |
Periodicidade | diaria |
Prezo | 1,40€ (2020) |
Tiraxe | 77.751 (2017) [1] |
Na rede | |
www.elcorreo.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
El Correo, anteriormente coñecido como El Correo Español-El Pueblo Vasco, é un xornal matutino diario de pago español con sede en Bilbao, pertencente ao Grupo Vocento. Consta de dez edicións rexionais, seis delas na provincia de Biscaia: Biscaia, Marxe Esquerda, Marxe Dereita, Duranguesado, Costa, Nervión-Ibaizábal, Álava, Miranda de Ebro, Guipúscoa e A Rioxa.[2] Edítase principalmente en idioma español, aínda que inclúe artigos e suplementos en éuscaro.
O primeiro número do xornal, baixo o título El Correo Español-El Pueblo Vasco, apareceu o 13 de abril de 1938, como fusión de dúas publicacións previas: El Pueblo Vasco, fundada o 1 de maio de 1910 polos irmáns Gabriel e Emilio Ybarra de la Revilla, e El Correo Español diario da Falanxe Española Tradicionalista e das JONS".[3]
Dende a década de 1970, El Correo foi obxectivo das accións de ETA, sufrindo atentados contra as súas instalacións en varias ocasións, incluído o asasinato do seu directivo Javier de Ybarra y Bergé en 1977.[4][5]
Trátase do xornal máis lido de Biscaia e Álava, superando o 60% de cota de mercado en 2007.[2] Segundo datos da Oficina de Xustificación da Difusión, conta cunha tirada media de 137.725 exemplares diarios.[6] Doutra banda, é o sétimo periódico de pago de información xeral máis lido de España, con 520.000 lectores ao día.[7]